PREVISIÓN PARA O MÉRCORES 16 DE OUTUBRO DE 2019
NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Mércores, 16 18:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración do curso de galego “LINGUA E CULTURA GALEGAS”, cuxo obxectivo é o ensino e perfeccionamento do idioma galego e no que se impartirán coñecementos básicos de historia, arte, literatura así como cuestións de sociolingüística no ámbito galego; e que será posible grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Secretaría Xeral dá Presidencia.
No acto intervirán o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López, quen pronunciará unhas palabras de benvida tanto á profesora Paula Cousillas Pena, lectora de galego da Universidade Complutense, como ao alumnado, composto por 25 persoas dado que se completaron todas as prazas ofertadas. Á inauguración asistirá tamén a xefa de Sección da Casa de Galicia en Madrid María Jesús Budiño Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario