24 de out. de 2019

GALICIA

Sacan a Franco, compre sacar tamén o franquismo: San Simón (Seguen a rirse das vítimas do franquismo)

A IGM denuncia a profanación dun lugar da memoria fundamental como é a Illa de San Simón

A actividade que publicítase nese cartel foi o que motivou a denuncia pública de IGM
Fonte: IGM

Iniciativa Galega pola Memoria / Galicia 

 A situación anómala na que vive o noso Estado a respecto dos dereitos humanos queda reflectida na tardanza na retirada dos restos do ditador e as controversias que houbo a respecto do seu culto e apoloxía dos seus crimes.  Esta vitoria do movemento memorialístico non debe facernos esquecer o moito que queda por facer. 

 Esta retirada, por moi positiva que sexa, non debe servir para cubrir as deficiencias democráticas e os restos do franquismo que aínda nos asolagan e que quedan en evidencia en feitos como o que vimos de denunciar de profanación dun espazo da memoria a través dunha actividade lúdica. É impensábel que isto aconteza en ningún outro campo de prisioneiros do mundo, e en moitos lugares de Europa resultaría mesmo delictivo. 

 Esiximos que a Xunta de Galicia impida dunha vez a continua e reiterada aldraxe a nosa memoria e ridiculización da dor das vítimas do franquismo preservando a Illa de San Simón como lugar de homenaxe e recordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario