17 de out. de 2019

BENESTAR

Avelaíña recibe unha axuda  para  mellorar a vida dos veciños de Tui a través do deporte  

Trátase dunha  subvención concedida polo Concello de Tui para o desenvolvemento do proxecto “Fomento dá  actividade física para usuarios de Avelaíña do Concello de Tui”

Natalia Guisande / A Guarda

 As persoas con enfermidade mental teñen un risco maior de obesidade debido á súa enfermidade, os hábitos sedentarios e os efectos secundarios da medicación, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saudable. Neste programa inclúense contidos especializados sobre o estilo de vida saudable, unha alimentación sa, así como diferentes tipos de adestramento como a piscina, o ximnasio, roteiros en bicicleta e andainas, entre outros. 

 A contía concedida é de 1.000€ que axudará a persoas con enfermidade mental do Concello de Tui, a entender o exercicio como parte dun estilo de vida saudable, valorando e gozando do deporte e  da actividade física.

Ningún comentario:

Publicar un comentario