«Decora o teu Nadal 2019»
O 4 de novembro pecha o prazo para participar na campaña de embelecemento da vila
Infogauda / A Guarda
Quedan poucos días de prazo para anotarse e participar nunha nova edición dea campaña «Decora o teu Nadal 2019», centrada no embelecemento da nosa vila, de cara a o Nadal, época de lecer e reencontro coa familia e os amigos.
Deste
xeito desde o Concello convidan novamente a todas as asociacións e colectivos
guardeses a participar un ano máis e implicarse na decoración de Nadal
de espazos públicos do municipio aportando a súa creatividade e bo
facer, cunha temática que este ano leva como título «Nadal Mariñeiro»,
rematando deste xeito o ano 2019 co mar coma protagonista.
Cada asociación
ou colectivo poderá participar cun máximo de unha proposta, sendo preciso
empregar materiais, principalmente de refugallo, non contaminantes e
resistentes ao exterior.
As bases completas están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello de A Guarda e na web municipal.
A data límite para anotarse é o luns 4 de novembro, no
Departamento de Cultura do Concello da Guarda, enchendo o formulario de
participación.
Para máis información pódese contactar no 986 610 000 ou
en culturaguarda@gmail.com
Na edición precedente participaron un total de 11 colectivos guardeses: San Xerome, Os da Foz, Mulleres Progresistas, Alfombristas da Guarda, Coro Arpegios Cantábile, Studio 88, Xamaraina, Fundación Las Samaritanas, Vento Mareiro, Avelaiña e Piueiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario