A Feira de Emprego «Ecoimaxín» botou novamente a andar
O evento rematará o vindeiro sábado cunha Feira de Empresas
O evento rematará o vindeiro sábado cunha Feira de Empresas
A apertura da Feira
do Emprego e Formación «Ecoimaxín» contou coa asistencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a
concelleira de Formación, Fátima Rodríguez Marcos; e o delegado da Zona
Franca de Vigo, David Regades Fernández
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Na xornada deste xoves día 24 de outubro, a Casa dos Alonso acolleu a apertura da Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano conta cunha ampla programación na que se inclúen charlas e conferencias de especialistas do sector, que achegarán aos asistentes todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, con informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.
O programa da Feira do Emprego e Formación «Ecoimaxín» arrancou coa apertura da Feira, contando coa asistencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Formación, Fátima Rodríguez Marcos; o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández e coordinado coa presentación do emprendedor, especialista en comunicación, marketing e ventas, Roberto Pérez Marijuan.
Na xornada deste xoves 24 houbo unha cápsula formativa a cargo de Sandra Fernández Prado, consultora e auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sostible».
Sandra Fernández é especialista de Desarrollo de RSE en pymes, cunha experiencia de más de 3 años en asistencia técnica a programas de la Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia.
A segunda cápsula formativa tratará será este venres de 10:00 a 12:00 horas, e tratará sobre «Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local». Será a cargo de Sandra Touza, xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO dunha firma de consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial.
Sandra Touza defínese coma unha muller emprendedora incansable de espírito libre, e forte. Caracterizase pola súa transparencia, gañas de mellorar cada día ante os obstáculos con perseverancia e positividade.
A programación de “Ecoimaxín” continúará entre as 12:30 e as 14:00h cunha ponencia aberta a todo o público sobre «Porque non hai un planeta B», marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación.
Javier Varela traballa en multitude de proxectos de marketing e marketing en liña tanto para importantes marcas e empresas privadas, coma para institucións públicas, é profesor colaborador na Escola de Negocios IESIDE e na Escola de Organización Industrial EOI.
Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00 a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00-13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna.
Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita ineludible para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.
A cápsula formativa do venres require inscrición previa.
Máis información e inscricións na OMIX da Guarda, no teléfono 986 610 000 ext. 7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario