I Encontro Mundial de Médicos Galegos
Do 19 ao 21 de setembro de 2019 en Santiago de Compostela
Infogauda / Santiago de Compostela
A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) celebra do 19 ao 21 de setembro de 2019 en Santiago de Compostela o I Encontro Mundial de Médicos Galegos. Nestas tres xornadas, profesionais sanitarios galegos procedentes de todo o mundo reafirmarán o seu vínculo coa profesión, a vocación, os valores e as súas raíces.
O Encontro pode seguirse en directo vía "streaming".
"O denominador común galego conecta a colegas que exercen na nosa terra de orixe cos de fóra e empúxanos a crear canles para relacionarnos, de impulso da innovación, de formación...", explica Asomega ao referirse ao motor deste Encontro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario