19 de set. de 2019

O ROSAL

#AVeciñanzaConta 

REUNIÓN COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DO ROSAL (ACOR) 

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha xuntanza co presidente e a secretaria da Asociación de Comerciantes de O Rosal
Foto: C.O.R.                                         
                
Infogauda / O Rosal

 Dentro do programa #AVeciñanzaConta o goberno do Concello do Rosal continúa reuníndose co asociacionismo. Desta volta foi o turno da Asociación de Comerciantes de O Rosal (ACOR)

 A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha xuntanza co presidente e a secretaria da asociación. 

 Entre outras cuestións falaron da planificación de cara ós orzamentos do ano que ven e dos proxectos en común de cara os vindeiros meses. 

 A Asociación de Comerciantes de O Rosal que ten asociadas neste momento a 92 empresas do noso concello, é unha asociación cunha gran traxectoria que naceu no ano 1998 da man dun grupo de empresarios que demandaban máis iniciativas para o pequeno comercio do Rosal. 

 A día de hoxe son moitas as campañas que poñen en marcha ao longo do ano con grande éxito como a campaña do Día da Nai e do Pai, os mercados solidarios ou a Ruta da Tapa, así como prestar orientación sobre diferentes vantaxes para os comercios asociados. 

 A colaboración entre o Concello do Rosal e ACOR pode ser unha gran oportunidade de proxectos comúns de cara a fortalecer o comercio local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario