A ASEMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO PON EN MARCHA UN TALLER DE HUMOR PARA PERSOAS MAIORES
· O taller será os luns en Cruz Vermella Baixo Miño da Guarda, e os martes e xoves no Centro Social Polivalente do Rosal.
· Nesta nova actividade, os participantes aprenderán a sentirse mellor a nivel psíquico e físico a través do humor e a risa.
Cruz Vermella / O Baixo Miño
Durante o mes de outubro e novembro, de 10:30 a 12:00 horas, realizaremos os luns na Guarda, na Cruz Vermella Baixo Miño e os martes e xoves do mes de outubro no Rosal, no Centro Social Polivalente, un novo Taller de humor para persoas maiores de 65 anos, cuxos principais obxectivos son coñecer os beneficios do humor e a risa, recibir información sobre as posibilidades da utilización do humor e o sorriso como forma de sentirse mellor e de obter beneficios físicos e psíquicos e realizar dinámicas grupais nas que flúa a risa e o bo ambiente.
Estas accións atópanse enmarcadas no proxecto denominado “Bo trato ás persoas maiores, promoción do trato adecuado e protección fronte aos malos tratos en Cruz Vermella”, que a Asemblea de Baixo Miño desenvolve co financiamento do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social, e no que se pretende favorecer a adquisición de competencias persoais para a prevención de situacións de malos tratos, abuso ou neglixencias, para iso exponse a realización de talleres para facilitar o desenvolvemento e o mantemento da autoestima e do estado emocional, ademais de achegar maior seguridade nas persoas maiores de 65 anos
Para poder participar neste taller é necesario inscribirse con antelación na sede de Cruz Vermella Baixo Miño. Ademais, as persoas interesadas poderán informarse dos diferentes proxectos e actividades que Cruz Vermella desenvolve para persoas maiores nesta comarca.
Durante o ano 2019 traballamos con máis 50 maiores desde o programa, bo trato realizando sesións de orientación, seguimento e coordinación con varios grupos da comarca para previr este tipo de situacións ou actuar no caso de que se produzan, realizando unha atención tanto coas persoas como coa contorna.
Máis información:
Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo
A Guarda
laguardia@cruzroja.es
Teléfono: 986 614 609
Ningún comentario:
Publicar un comentario