1 de set. de 2019

GALICIA

A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición nos cursos do novo Plan de formación de voluntariado  

Ofértanse 4 cursos en liña e 28 presenciais

Inclúen formación básica e especializada, así como instrución específica nas áreas ambiental, interxeracional, xuventude e igualdade

Infogauda / Galicia

  A Xunta de Galicia ten aberto o prazo para as persoas interesadas en inscribirse nos cursos que se ofertan no novo Plan de formación en materia de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para este ano 2019. As solicitudes poden realizarse a través da páxina web de Voluntariado galego, onde tamén se informa das prazas, datas e lugar de celebración de cada curso.  

 Prevese que o total de persoas formadas serán dunhas 1500 en toda a Comunidade Autónoma. A oferta inclúe 4 cursos en liña e 28 presenciais orientados á formación básica e formación especializada en materia de voluntariado. Tamén se contempla formación específica nas seguintes áreas: ambiental, interxeracional, xuventude e igualdade. A duración dos cursos, tanto en liña como presenciais, non supera en ningún deles as 20 horas.  

 Deste xeito, a Dirección Xeral de Xuventude consolida a súa oferta formativa no ámbito do voluntariado, co obxectivo de mellorar estas accións e a xestión das mesmas. As persoas que participen,que poden ser tanto profesionais do ámbito como interesados en xeral, adquirirán desde coñecementos básicos na materia ata aspectos que afectan á planificación de proxectos de voluntariado e á súa xestión e dinamización, así como diferentes metodoloxías de actuación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario