1 de set. de 2019

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O TEIXUGO LUÍS FERNÁNDEZ NA COPA DO MUNDO DE MARKKLEEBERG EN ALEMANIA

Luís Fernández, deportista do Club Deportivo Miño-Teixugos participou co equipo sénior de España na cuarta Copa do Mundo de Slálom disputada en Markkleeberg (Alemania)


Informa (fotografía e redacción): Rosa Fernández  Carrera   

 Do 30 de agosto ao 1 de setembro tivo lugar en Markkleeberg, Alemania, a cuarta Copa do Mundo de Slálom. España acudiu ao evento co seu equipo sénior de slálom do que formou parte Luís Fernández, deportista do Club Deportivo Miño-Teixugos. O deportista de Salceda de Caselas foi un dos tres representantes españoles na modalidade de canoa.  

 O venres 30 Luís fixo a súa primeira baixada para entrar entre os vinte primeiros e acceder a semifinais, fixo unha baixada correcta, pero algo lenta, que xunto con catro segundos de penalización por dous toques o deixaron fóra. Nesa mesma mañá baixou por segunda vez e tampouco tivo a sorte da súa parte, e non conseguiu praza en semifinais. Rematou a súa participación nesta copa no trixésimo quinto lugar.  

 Outra galega tamén formou parte do equipo, a salcedense do Club Piragüismo Penedo Te Importa, Ainhoa Lameiro, tamén na modalidade de canoa. Ainhoa conseguiu entrar en semifinais pero non nas finais, rematando no vixésimo quinto lugar.  

 Do 6 ao 8 de setembro Luís acudirá a última Copa do Mundo desta tempada a celebrar en Praga, na República Checa, nesta ocasión tamén formará parte do equipo nacional o seu compañeiro de club Manuel Ochoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario