2 de set. de 2019

DEPORTES

O U. D. RIBERA GAÑOU O TROFEO VILA DO ROSAL  

Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal, cos xogadores dos dous equipos que disputaron o Trofeo Vila do Rosal  
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 Este domingo 1 de setembro ás 17:00 horas, no Campo Municipal da Mata, disputouse o Trofeo Vila do Rosal entre os equipos U.D  Ribera, do Rosal e o G.D. Miño, de Camposancos (A Guarda).

Presentación dos equipos das diferentes categorías do U. D. Ribera


 O partido tivo como resultado a victoria - por 4 goles a 1 -, para o equipo local que presentou neste mesmo día todos os xogadores - máis de 160 - de todas as súas categorías, nun acto que contou coa asistencia de numeroso público.  

Jose Antonio Juan Bento “Matute” - 2º pola esquerda - coa plantilla de xogadores e técnicos do U. D. Ribera
Jose Antonio Juan Bento “Matute” recibiu un agasallo pola súa adicación como delegado durante todos estes anos


 Así mesmo Jose Antonio Juan Bento “Matute” recibiu un agasallo pola súa adicación como delegado durante todos estes anos, e contou co agradecemento da directiva, xogadores, familias e afeccionados. Noraboa Matute, pola túa entrega e traballo no U.D. Ribera.  

 Desde o Concello do Rosal, aproveitan a ocasión para facer un recoñecemento público ao U.D. Ribera polo seu gran traballo no ámbito deportivo formando e adestrando a centos de nenos e nenas do noso Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario