2 de set. de 2019

DEPORTES

XXIV Travesía a nado do Porto de A Guarda 

Últimos días para ás inscricións


Infogauda / A Guarda

 Este sábado día 7 de setembro, ás 12:00 hora no porto guardés celebrarase a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto de A Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.  

 Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte de A Guarda e Noko Deporte y Salud.  Contará coa colaboración do Club de Remo Robaleira, Club ALAGUA e Confraría de Pescadores Santa Tecla.  

 As inscricións pechan este mércores día 4 de setembro ás 23:59h da noite a través da web www.galitiming.com contando con dous percorridos de 400m.(Categorías A, B, C e D) e de 1.200m. (Categorías E, F, G, H, I, J, K e L).  

 Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe: 
•    6€ inscritos ata o 31 de agosto. 
•    8€ inscritos entre o 1 e o 4 de setembro. 
•    As categorías de nenos (A, B, C e D) son de balde.  

 A inscrición inclúe: 
•    Gorro numerado 
•    Seguro accidentes 
•    Cronometraxe 
•    Avituallamento final  

 Os nadadores non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor autorice a súa participación. O impreso de autorización debe enviarse asinado previamente a info@noko.es ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.  

 A proba terá súa saída dende as escaleiras do Muelle Alto.

 Os participantes farán un percorrido pola lámina de auga do recinto portuario, marcado por boias. 

 O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario