3 de set. de 2019

DEPORTES

VELA

O XI Cruceiro Río Miño contou cunha participación de 15 embarcacións

Ignacio Campos e Yolanda Bastos foron os vencedores en 470, e Pablo Martínez-Sayanes López, en Multiclase

Magnífica estampa dalgunhas das embarcacións participantes, regateando nas augas do Río Miño
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)  

 O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello de A Guarda, organizou o pasado sábado día 31 de agosto no XI Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C, que contou coa participación dun total de 15 embarcacións.  

 A regata disputouse nun único formato multiclase aberto a todas as embarcacións a vela con orza móbil, contando con 3 catamaráns, 7 470, 3 Laser Radial, 1 dorna e 1 raquero.

 


 As regatas arrancaron pouco despois das 16:00 horas facendo un percorrido polo Río Miño entre A Pasaxe, en Camposancos, e a Praia das Eiras, no Rosal.  

 A regata foi puntuable para as embarcacións 470 e as multiclase, resultando as seguintes clasificacións: 

470:  
1º Ignacio Campos e Yolanda Bastos  
2º Carlos Español Berridy e Patricia M. Lomba  
3º Emilio Alonso Estevez e Alejandro Alfonso  
Todos os equipos de 470 son do Club Deportivo Alagua.   

Multiclase:  
1º Catamarán Clase A: Pablo Martínez-Sayanes López (Club Alagua)  
2º Catamarán Nacra: José Vicente Rodríguez Rodríguez (Club Alagua)  
3º Laser Standard: Serafim Gonçalves (Clube Naval Povoense)

Ningún comentario:

Publicar un comentario