2 de set. de 2019

A GUARDA

FIN DO PERÍODO DE PAGAMENTO VOLUNTARIO DO IBI 2019

 
Francisco Alonso / A Guarda

 A Oficina de Xestión Tributaria do Concello de A Guarda fai público que o vindeiro día 9 de setembro de 2019 finaliza ó período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ós seguintes tributos: 
       
· Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos exercicio 2.019 (CONTRIBUCIÓN URBANA).  
   
· Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos exercicio 2.019 (CONTRIBUCIÓN RÚSTICA).        

 No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da misma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria (Rúa Jose M. Andreini, nº 6 Baixo – A Guarda - Teléfono: 986 609 067), xa que ó  tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pago nin da vía executiva.                           

 Infórmase, ademáis, que a partir de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario