25 de set. de 2019

DEPORTES

RECIBIMENTO OFICIAL A GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO ROSAL

O venres día 27 de setembro, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario

Gabriel Marcelli Carballido, Campión do Mundo de Trial 2
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 Desde o Concello do Rosal organízase un recibimento oficial ao recente Campión do Mundo de Trial 2, Gabriel Marcelli Carballido, para toda a veciñanza. 

 Será o vindeiro venres 27 de setembro ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. 

 "É un orgullo e un motivo de celebración ter no noso pobo un Campión do Mundo coma é Gabriel. Calquera recoñecemento vaise quedar curto, mais queremos, cando menos, recoñecer o gran éxito acadado por este xove rosaleiro que con moito traballo e esforzo hoxe é Campión do Mundo para que toda a veciñanza poida ter tamén a oportunidade de compartir e celebrar este logro histórico", afirma a alcaldesa Ánxela Fernández Callís.

Ningún comentario:

Publicar un comentario