Nova visita da unidade móbil de doazóns de sangue
Estará instalada xunto o Centro Cultural, o venres día 4 e o sábado día 5 de outubro
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará emprazadA na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural)
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará a vila guardesa o venres día 4 e o sábado día 5 de outubro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres día 4 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 5 de 10:00 ás 15:00 horas.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario