A Guarda vai conmemorar o Día Mundial do Turismo
Cunha visita nocturna polo casco urbano
Con motivo do Día Mundial do Turismo o Concello de A Guarda organiza unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da vila.
Desde o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz afirman: "Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa".
A cita terá lugar o vindeiro sábado día 28 de setembro, e a visita guiada sairá ás 23:00 horas dende a Oficina de Turismo, sita na Praza do Reló.
Esta visita guiada terá unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o porto de A Guarda. Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

Ningún comentario:
Publicar un comentario