16 de set. de 2019

A GUARDA

20 PERSOAS CON TEA, DA FUNDACIÓN MENELA, PERCORRERÁN O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA  

Este proxecto, denominado Xacobeo Autismo. Un camiño de todos, está promovido pola Fundación MENELA e enmarcado dentro do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Conta ademais coa colaboración do Concello de Nigrán.  


 Infogauda / A Guarda

 A Fundación Menela, O teu Xacobeo (Xunta de Galicia) e o Concello de A Guarda convocan aos medios de comunicación á recepción que terá lugar este martes día 17 de setembro no propio Concello con motivo do comezo da etapa inicial do Proxecto Xacobeo Autismo. Un camiño de todos.  

 A partir deste martes, 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do Centro Castro Navás – Fundación Menela, realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas que transcorreran durante os meses de setembro e outubro, e nas que se achegarán a nosa cultura, o noso patrimonio, a nosa gastronomía e a nosa arte. O farán acompañados por profesionais especializados da entidade así como por outros colectivos, sendo neste día, os rapaces e rapazas do CEIP Mallón (Nigrán) e do Centro San Xerome Emiliani (A Guarda) quenes se animen a facer primeiro tramo do Camiño Portugués da Costa.  

 A primeira etapa saíra do Concello da Guarda. Será trala recepción, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello ás 11:30 horas, cando se iniciará a ruta que camiña paralela a liña costeira, durante un percorrido de 10 quilómetros que hai ata Portecelo, fin da primeira etapa. 

 Asemade, destacarase acolocación de pictogramas nas instalacións do consistorio e no albergue municipal de peregrinos de A Guarda, elementos que melloran a accesibilidade cognitiva e potencian a calidade do turismo accesible, factor clave para a dinamización do noso entorno.  

 O Proxecto está financiado polo Programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Nigrán.            

 No acto de recepción intervirán:  
• Cipriano Luis Jiménez Casas, director xeral da Fundación MENELA. 
• Juan A. González Pérez, alcalde de Nigrán. 
•  Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda. 
• Beatriz Lomba Rodríguez, concelleira de Turismo e Servizos Sociais 
• Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal.

 Durante a mesma estará acompañados por membros do equipo directivo da Fundación Menela e polos usuarios do Centro Castro Navás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario