Máis dun cento de persoas asistiron ao concerto de Helen & Shanna, na Praza dos Seixiños
Helen & Shanna
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Gándara
Tralos
concertos de Caramelo Krew e de
Blues do País, Música nas Prazas 2019 chegou ao seu fin o pasado venres día 13 de setembro, na Praza dos Seixiños da Gándara.
Desta volta foi a quenda de Helen & Shanna, un grupo guardés nado no ano 2013 e que xa ten ofertado numerosos concertos en salas e pequenos festivais en toda Galicia.
Máis
dun cento de persoas asistiron a este concerto que puxo o punto final á
programación de Música nas Prazas deste ano, sendo esta unha actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello de A Guarda e que contou cun total de 3 concertos nas Prazas de San
Queitano, Avelino Vicente e Os Seixiños.
Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele.
A programación de Música nas Prazas acadou na súa edición precedente un notable éxito de afluencia de público, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila.
Ao longo dos tres anos de Música nas Prazas foron moitas as formacións musicais do panorama local e galego que pasaron polas prazas da localidade, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, entre outros.
O Música nas Prazas 2019 conta co apoio de Pontegal da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario