19 de set. de 2019

A GUARDA

FÚTBOL

PRIMEIRA AUTONÓMICA - GRUPO 5º

O SPORTING GUARDÉS E O TYDE, F. C., PROTAGONIZARÁN O ENCONTRO DE MÁXIMA RIVALIDADE COMARCAL

O domingo día 22 de setembro, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña





Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Dous veteranos equipos de comarca do Baixo Miño, o Tyde, F. C. e o Sporting Guardés, disputarán á 3ª xornada da Liga de Fútbol da categoría Primeira Autonómica - Grupo 5º. Será o domingo día 22 de setembro, ás 4:30 da tarde, no Estadio Municipal A Sangriña.

 A priori, calquera das dúas formacións pode acadar á victoria. Son dous equipos con longa traxectoria deportiva, que coñécense ben, e que tentarán reter os puntos en xogo.

 Se facemos unha comparativa, o Tyde, F. C., atópase provisoriamente na 5ª posición da táboa clasificatoria, contabilizando 4 puntos - con dous goles a favor e un en contra -, ao haber gañado o primeiro encontro da tempada fora do seu feudo, e haber empatado o pasado domingo no Campo Municipal de Fútbol Álvarez Durán, de Tui, fronte ao Arcade.

 O Sporting Guardés está polo de agora no posto 11º da táboa, con 2 puntos no seu haber - con dous goles e favor e outros dous en contra -, ao haber empatado na Sangriña o primeiro encontro da tempada, e tamén o pasado domingo, na súa primeira saída, neste caso fronte ao Umia. 

  Deste xeito prevése un encontro de máxima rivalidade comarcal, que salvo imprevistos vai estar moi animado, e no que calquera dos equipos pode acadar seu obxectivo que non é outro que facerse con tres puntos en xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario