FRANK CASAÑAS, A VISITA ‘‘5 ESTRELAS’’ AO II CAMPUS DE ATLETISMO 2019
UNHA PEGADA HISTÓRICA DO LANZADOR DE DISCO CON 5 XOGOS OLÍMPICOS, SYDNEY 2000, ATENAS 2004, PEQUÍN 2008, LONDRES 2012 E RÍO DE JANEIRO 2016
Foto de familia co atleta olímpico Frank Casañas, técnicos e monitores do Atletismo Trega e os nenos participantes no II Campus de Atletismo, 2019
Fotos: S.A.do T.
Sociedade Atlética do Trega / Tomiño
O pasado luns día 19, arrincou o Campus de Atletismo de Tomiño 2019, que por segundo ano consecutivo, está organizado polo concello de Tomiño, coa colaboración da Sociedade Atlética do Trega.
O evento, que ten como data de finalización o 30 de agosto, está dirixido por técnicos e monitores do Atletismo Trega titulados pola RFEA.
Durante estas dúas semanas tratamos que os nenos se divirtan, iniciándose na práctica do Atletismo nas súas diferentes modalidades, dunha maneira lúdica, familiarizándose tamén no ámbito deportivo, coñecendo os valores do deporte máis de preto, mediante a práctica de iniciación.
Durante estes días teremos importantes nomes do panorama autonómico nacional e internacional que nos visitarán durante este período.
Frank Casañas - a dereita da imaxe - nas pistas de Atletismo do Colexio Pedro Caselles
O pasado mércores visitounos o internacional discóbolo cubano-hispano, Frank Casañas, que sería o primeiro invitado de honra, que abriu as visitas deste ano, onde os nenos puideron gozar dun día inesquecible con este auténtico gurú do disco, dando a clase, ensinando aos máis pequenos como se fai un quecemento previo, ata a práctica posterior de moitos lanzamentos.
Por último, Frank faría unha demostración de varios lanzamentos onde puxo o ambiente dos nenos sobre elevado, inmortalizando o momento coa alucinación de como este auténtico mito fixo voar e cruzar o artefacto polas inmediacións das instalacións das pistas do Colexio Pedro Caselles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario