O Campus de Atletismo recibe a visita do deportista internacional Fran Casañas
O campus de atletismo conta con 67 participantes e finaliza o vindeiro 30 de agosto
Fran Casañas . ao fondo, no centro da imaxe - os participantes do campus de atletismo organizado polo Concello de Tomiño
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
Os participantes do campus de atletismo organizado polo Concello de Tomiño, recibiron ao deportista internacional Fran Casañas.
O campus de atletismo comezou o pasado 19 de agosto con 67 inscritos e finalizará o vindeiro día 30 de agosto. Impartido pola Sociedade Atlética do Trega, o campus é unha oportunidade de iniciar aos nenos e nenas nesta práctica deportiva. Un deporte que traballa as habilidades motrices mediante as súas diferentes especialidades como son as carreiras, os saltos e os lanzamentos.
A visita de Fran Casañas forma parte do programa do campus e pretende que os participantes coñezan de primeira man a experiencia de deportistas profesionais. Fran Casañas é lanzador de disco e conta no seu haber con diferentes títulos entre eles como campión de España Universitario de lanzamento de disco nos anos 2017 e 2018. Ademáis, a nivel internacional participou nos xogos olímpicos de Sídney (2000), Atenas (2006), Pekín (2008), Londres (2012) e Rio de Janeiro (2016). Toda unha referencia no mundo do atletismo e que supuxo un aliciente para os nenos e nenas que se inician nesta práctica.
O concelleiro de Deportes, Fran Campo, destacou “a importancia do deporte como hábito de vida saudable. Unha práctica que debemos fomentar dende a infancia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario