18 de ago. de 2019

RANDUFE (TUI)

SEMANA CULTURAL DE RANDUFE 2019
 


ACD Xuntanza / Randufe (Tui)


 Outro ano máis, xa está aquí a XXXIV Semana Cultural 2019, que terá lugar o día 25 de agosto e dende o 30 de agosto ata o 6 de setembro.     

 Non podíamos empezar sen a nosa XXXIII CARREIRA POPULAR,   como dende hai uns anos, os que queirades participar na carreira popular tedes que remitir un correo electrónico á dirección de carreirapopularxuntanza@gmail.com indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento, localidade e teléfono. É importante que para faciltar o noso traballo mandedes os correos o máis completos posibles con toda a información necesaria. A data límite de inscrición é o xoves 22 de agosto.  

 Como ben sabedes, participar nesta Carreira Popular é gratis. Por suposto, este ano tamén o será. Pero a Asociación Xuntanza de Randufe porá en marcha unha Operación Kilo aos pés da carreira para recoller alimentos non perecedoiros coa finalidade de colaborar coa ONG SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO.  

 Polo tanto, agradeceríamos que aportedes o voso graíño de area e depositedes unha pequena colaboración ao recoller o voso dorsal. Grazas de antemán!  

 Exemplos dos alimentos máis necesarios cos que colaborar: cacao, leite, comida para bebés, café, atún, leite en po....     




 O venres 30 de agosto teremos unha misa na honra a todos os difuntos fundadores e socios da ACD Xuntanza.     

 Así mesmo, teremos a oportunidade de gozar da nosa xa tradicional FESTA GASTRONÓMICA acompañados/as da charanga A tu ritmo de Tui e o Grupo Folk O Trebón dos Xidos de A Guarda.     

 O domingo 1 de setembro tócanos madrugar, as 11:00 horas dende o torreiro saída da XXVI Marcha Ciclista.  

*Nota importante: pola túa seguridade será obrigatorio o uso de casco na marcha ciclista. En caso contrario, non será posible a túa participación.     

 E como non?  PLAYBACKS con grandes sorpresas e música do momento co GRUPO DE PLAYBACKS DE XUNTANZA  e o GRUPO DE PLAYBACKS DE ATIOS. Ábrese o prazo para apuntarse aos  playbacks da Semana Cultural, por libre. Para anotarte, chama  ou manda un whatsapp ao número 646 646 500, ata o venres 30 de agosto.      

 Para os máis pequenos,  contaremos co MAGO ZANAS que nos fará desfrutar da súa maxia, cos contacontos CODIA E MIOLO e cos títeres de TARABELOS e o seu espectáculo Sabela e o paxaro máxico.             

 Tamén temos  humor e retranca galega cos REGUEIFEIROS Luís Caruncho e Benito. Seguro que pasaremos un rato agradable e divertido.     

 Non pode faltar na Semana Cultural o noso grupo de Acordeóns Xuntanza, que co seu repertorio nos invita a cantar todos xuntos temas tradicionais. Gozaremos tamén do noso Grupo Folclórico Xuntanza.     

 Xa sabemos que tamén vos gusta escoitar música tradicional e é por iso que vos invitamos a vir ó concerto do Grupo Folk  OS CARUNCHOS.     

 Por outra banda,  e para rematar temos un día especial para todos os que vos guste a verbena, contando co trío PROS&MA que nos fará bailar, non volo perdades!   

 VINDE Á SEMANA CULTURAL 2019 DE XUNTANZA, AGARDÁMOSVOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario