18 de ago. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ALCALDESA PEDÁNEA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS MANTIVO A PRIMEIRA REUNIÓN COA VECIÑANZA  


 María Mercedes Martínez Vázquez, alcaldesa pedánea de Camposancos

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Tal e como se comprometera diante dos veciños, a alcaldesa pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos, María Mercedes Martínez Vázquez, do BNG, fixo público un Bando convocándoos para o día 14 de agosto de 2019, data na que mantivo na sede da ELM, a primeira reunión coa veciñanza desa parroquia. 

 A petición deste cronista a alcaldesa pedánea da ELM de Camposancos, facilitounos os puntos que ela considerou máis importantes - outros eliminounos "(...) por ser demasiado extenso (...)" -, e que corresponden a seguinte síntese:
 
1) 18 de xuño, nomeamento. Acta de arqueo: 194.892,02 euros. 

 Non é que non haxa cartos. Hai remanente, pero as partidas do exercicio deste ano xa estaban asignadas e non se pode desestabilizar a economía da ELM (Lei Montoro). Solo se pode utilizar diñeiro para cuestións urxentes. Non se pode incumprir a regra de gasto.    

 2) Renunciei ao soldo para comprar un chimpín o cal tampouco vai ser posible. Contactei coa presidencia da Deputación para pedir subvención. Estou á espera de resposta.   

 3) A segunda traba: non tiñamos empregado para a limpeza. Tardamos case un mes e medio en conseguilo, debido a que faltaban certas xestións que eran cousa do secretario e estaba de baixa. O día 30 de xullo contratouse empregado para limpeza de rúas e camiños. Xa se limpou moito, pero debido a tanto tempo sen limpar - había lugares que non se limpaban hai anos -, queda moito por facer.   

 4) Xestións para solicitar o campamento urbán co conseguinte reparo de intervención. Tivemos que pedirlles suba de cuota aos país, un por un.    

 5) Para poder continuar co taller de memoria tiven que prescindir das dietas de viaxes e gasolina. Non podía ser que nada máis empezar xa eliminara os campamentos e talleres de memoria para adultos.  

 6) Camposancos necesita recaudar: moitas avarías de auga, alugueres moi baratos, outros que non se pagan, auga sen pagar… Debemos revisar ben o patrimonio e xestionalo mellor.  

7) Nas rúas de Salgueiró, encrucillada que vai á Granxa e Galapa sinalizáronse liñas amarelas. Hai demasiados coches e moitos estaban mal estacionados. Pedín aos veciños sentido común e respecto á hora de aparcar.  

 8) Casa da ELM no barrio do  Couto. Arranxar documentación e trámites en Urbanismo. Na lexislatura anterior prestóuselle a Alagua. 

 9) Reunión  con Medio Ambiente. Serprona. Pinos secos pola zona da residencia. Hai que talalos, ofrecéuselle aos veciños un sorteo da madeira coa condición de que eles mesmos fagan a tala e o transporte. Nesta mesma reunión falóusenos de que hai que talar as árbores que hai no recinto da urbanización da Armona xa que están moi próximos ás vivendas. 

10) Río. Falei con Costas. Envióuselle fotos e carta polo tema das árbores que están en perigo de caer. 

11) Proposta de veciños da Granxa: anchear o final da rúa máis próxima a San Amaro. Non hai acceso a coches. Estamos traballando nelo. 

12) Acaba de incorporarse o secretario. Xa se avisará de pleno. 

19) Reunións co Clube de Petanca O Caldeiro para solucionar peticións do propio clube. 

20) En setembro novo horario. Xa empezo a traballar e somentes estarei pola tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario