A XUNTA DE GALICIA ANALIZA COS CONCELLOS DO BAIXO MIÑO O PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO, QUE MELLORARÁ SUBSTANCIALMENTE AS CONEXIÓNS CO HOSPITAL E A UNIVERSIDADE DE VIGO
· Os alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño mantiveron unha reunión co Xefe Territorial de Mobilidade acerca do proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros

· Os concellos da comarca mostraron o seu malestar xa que segundo afirman, supón unha perda de oportunidade para modernizar e facer do transporte público unha solución de mobilidade para a comarca
· O Plan suporá a extensión das vantaxes da Tarxeta Metropolitana aos concellos desta comarca, ademais da Tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 19 anos poderán viaxar gratis
· A Xunta xa realizou unha primeira fase de participación pública, na que elaborou os mapas de liñas tras centos de enquisas a usuarios e entrevistas cos concellos
· O contrato novo que operará entre A Guarda e Vigo aumenta o nivel de servizo en sete expedicións diarias de luns a venres durante todo o ano, xerándose tres novas liñas máis directas aos hospitais
· Tamén se reforzaron os horarios de primeira hora, o que facilitará o acceso aos servizos de carácter sanitario ou educativo, xa que as liñas de media mañá rexistraban unha baixa demanda
· Non obstante, o xefe territorial escoitou hoxe as propostas dos municipios, que serán estudadas para atendelas do mellor xeito posible e acadar uns servizos de autobús que respondan ás necesidades dos veciños e faciliten a súa mobilidade

A
der. da imaxe, a presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de O Rosal,
Ánxela Fernández Callís, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez,
o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de mobilidade
guardés, Anxo Lois Baz Vicente, na xuntanza de hoxe co xefe territorial
de Infraestructuras e Mobilidade, Jose Luis Díez Yáñez (a esq. da
fotografía)
Fotos: X. G.
Infogauda / O Baixo Miño
Alcaldes dos concellos da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño (A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui) mantiveron esta mañá unha reunión co xefe territorial de Infraestructuras e Mobilidade, Jose Luis Díez Yáñez.
A presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de mobilidade guardés, Anxo Lois Baz Vicente, trasladaron de primeira man a problemática que supón para a comarca o proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada que nestes momentos atópase en trámite de audiencia.
A alcaldesa de Oia, Cristina Corres Pombal e o concelleiro Modesto Pereira Treinta, na xuntanza co representante do goberno galego
O xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na provincia de Pontevedra afirmou que o Plan de transporte público de Galicia mellorará substancialmente as conexións co Hospital Álvaro Cunqueiro e a Universidade de Vigo
Jose Luis Díez Yáñez escoitou as achegas dos rexedores do Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui e Oia, aos que lles trasladou que serán avaliadas para atendelas do mellor xeito posible, o tempo que salientou que o Plan de transporte público non só reforzará os servizos aos cidadáns, senón que tamén suporá a extensión das vantaxes da Tarxeta Metropolitana aos concellos do Baixo Miño, ademais da Tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 19 anos poderán viaxar gratis.
A Xunta de Galicia vén apostando polo consenso no proceso da modernización do transporte público, que xa contou cunha primeira etapa de participación pública e que elaborou os mapas de liñas tras centos de enquisas a usuarios e entrevistas individuais cos concellos.
A CONSELLERÍA XA INCORPOROU AO PLAN DEMANDAS DOS CONCELLOS
A CONSELLERÍA XA INCORPOROU AO PLAN DEMANDAS DOS CONCELLOS
Neste sentido, a consellería xa incorporou ao plan demandas que os concellos desta área lle foron trasladando en reunións. Así, por exemplo, o novo contrato que operará entre A Guarda e Vigo aumenta o nivel de servizo en sete expedicións diarias de luns a venres durante todo o ano, xerándose tres novas liñas máis directas aos hospitais.
Ademais, tamén se reforzaron os horarios de primeira hora, o que facilitará o acceso aos servizos de carácter sanitario ou educativo, xa que as liñas de media mañá rexistraban unha baixa demanda.
Non obstante, tal como se indicou na reunión de hoxe, a Xunta de Galicia estudará as propostas para seguir adaptando as liñas ás necesidades dos veciños, mellorando as frecuencias ou as paradas.
O Goberno galego segue escoitando as solicitudes dos concellos en materia de transporte público co fin de atendelas e proporcionarlles aos cidadáns uns servizos eficaces que melloren as súas comunicacións e polo tanto a súa calidade de vida.
A MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO XA PRESENTOU AS ALEGACIÓNS CONXUNTAS DOS CONCELLOS MEMBROS
Por outra banda, a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño xa presentou as alegacións conxuntas dos concellos membros que recolle os puntos fundamentais que afectan ao servizo público de transporte e que podería supor un deteriodo na calidade do mesmo.
A Mancomunidade lamenta que non se aproveite esta oportunidade que apostar polo servizo público, xa que se se precariza, terá menos viaxeiros e resultará menos rentable, sendo un círculo vicioso que non favorece o transporte público, unha solución de mobilidade que Europa recomenda como menos contaminante, máis rendible e con futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario