21 de ago. de 2019

A GUARDA

TODO A PUNTO PARA A IV FESTA CASTREXA 

Celebrarase o día 1 de setembro, na Alameda da vila 



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Se alguén pensaba que este ano íamos quedar sen ela, agrádanos informar que a Festa Castrexa vaise celebrar. Non pudo ser en datas semellantes ás de edicións precedentes, porque este ano o calendario faríaa coincidir con outro evento de arraigo na nosa localidade e por iso os organizadores, con moi bó criterio decidiron aprazar á celebración para máis adiante.

 En todo caso, á Asociación Veciñal das parroquias da Guarda, organizadora da IV Festa Castrexa ven de dar a coñecer o cartel e o programa desta edición, que conta coa colaboración do Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.

 Dese xeito, o domingo día 1 de setembro, ás 11:00 h., na Alameda da vila, dará comezo a festa con música, obradoiros, feira de artesanía e unha andaina. 

 E arredor das 13:00 horas, xantar e música, con varias actuacións de grupos da localidade.

 Haberá postos de comida con churrasco, polbo, carne ó caldeiro, empanada, mexillóns, chourizos, zorza, sobremesas,...

  Ás 15:30 horas dará comezo á exhibición de escultura con motoserra, xogos populares para os máis noviños e outras actividades.

 E para rematar, arredor das 18:00 horas dará comezo un concerto folk.

 Así pois, dispoñámonos a celebrar a IV Festa Castrexa con moita ledicia e a poder ser, locendo a indumentaria tradicional da época dos nosos devanceiros os habitantes dos castros e pór todo da nosa parte para disfrutar da festa que evoca ás nosas orixes prehistóricas, como enclave aberto a todas ás culturas que viñeron por vía marítima desde pobos moi lonxanos. Como está acreditado nos fondos museísticos do megapoboado do Monte Santa Trega, un dos lugares máis visitados do noso país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario