VIII FESTA DO PERCEBE E DE PRODUTOS DA TERRA E DO MAR
Esta fin de semana na Alameda da vila
Infogauda / A Guarda
A Alameda da vila acollerá esta fin de semana a VIII edición da Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, cunha ampla oferta gastronómica na que ademáis de percebes haberá berberechos, callos, chourizos, empanadas, mexillóns, nécoras, ourella, pementos, zorza,..., entre outros produtos.
O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00 horas e continuará o sábado 24 en horario de 12:00 a 16:00 h. e de 20:00 a 24:00 h.
Na xornada do domingo a partires das 12:00 do mediodía.
Todos os días haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.
A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario