9 de ago. de 2019

A GUARDA

Dispositivo especial de tráfico para o “Día do Monte 2019” na Guarda  

Estará prohibido o estacionamento na pista forestal do tramo de San Amaro á zona de Chans en Camposancos, para salvagardar unha posíbel evacuación así como a baixada de vehículos ao remate da festa
Fonte: C.A.G.

Infogauda / A Guarda
 
 A Concellería de Mobilidade e a Concellaría de Tráfico poñen en marcha un dispositivo de tráfico para “O Día do Monte 2019” coas seguintes indicacións:  

• Permitirase o paso de  vehículos cara o cumio do monte até as 12:00h dependendo da intensidade de vehículos. 

Habilitaranse dúas grandes áreas de aparcamento: Campo de Chans e o novo Campo de Chans. 

• Estará prohibido o estacionamento na pista forestal do tramo de San Amaro á zona de Chans en Camposancos, para salvagardar unha posíbel evacuación así como a baixada de vehículos ao remate da festa.  

 Dende o Concello da Guarda facemos un chamamento á colaboración cidadá para facer un uso responsábel do coche, tanto na circulación como nos aparcamentos, tendo en conta a dimensión do evento. 

 O Concello da Guarda quere agradecer a colaboración desinteresada de Protección Civil do Concello do Rosal e da Policía Local do Concello de Tomiño.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario