9 de ago. de 2019

A GUARDA


FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2019

O DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL, PRELUDIO DO "DOMINGO DO MONTE"


No Desfile Folclórico Tradicional participan moitas persoas ataviadas con traxes rexionais galegos, e por suposto as bandas, compoñentes insustituibles do "Sábado das Festas do Monte Santa Trega"
Fotos: Infogauda

 
Infogauda / A Guarda

 Este sábado, se os deuses lares o permiten, voltarán a producirse imaxes semellantes as que reproducimos, que corresponden a edición precedente do Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte Santa Trega, e que este sábado día 10 de agosto de 2019, voltará a constituir o preludio do "Domingo do Monte". A data máis agardada por todos os guardeses e visitantes que dun ano para outro, teñen postas súas ilusións festivas nese día para subir ao Trega coa familia, cos amigos ou coas bandas e disfrutar - se a climatoloxía o permite - das máis fermosas panorámicas que desde o Monte Santa Trega divísanse en calquera punto cardinal que situemos nosa ollada: a Serra da Groba, o río Miño e o veciño Portugal, o Val do Rosal e a inmensidade do Oceáno Atlántico "o noso mar".  

 E tamén para compartir nese "Domingo do Monte", os manxares da nosa gastronomía familiar (mariscos, empanadas (de raxo, de polo con chouriza da casa, de bacallau, de chocos,...), saborosas sobremesas caseiras ou a rosca de xema guardesa; viños albariños e Rosal,..., e todo aquilo que nos días grandes, forma parte das nosas tradicións. E a poder ser, disfrutemos de todo iso con moderación, que é o xeito de acadar as mellores lembranzas. 

 Herdamos dos nosos maiores un legado que provén desde 1913, e que compre preservar. Neste 2019 cúmplense 106 anos desde aquela primeira romaría do Monte Santa Trega auspiciada pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla. Desde entón até os nosos días, o Monte Santa Trega tén sido testemuña desa celebración xurdida no seo desa benemérita entidade, por iniciativa de D. Constante Candeira. Desde aquela, as Festas do Monte Santa Trega non soio son as celebracións festivas máis importantes de A Guarda, senón de toda a comarca. Se aspiramos a que sexan decraradas de Interese Turístico Nacional, todos podemos contribuir a que iso sexa posible, coidando as formas, coidando o patrimonio histórico-artístico e monumental, e sobor de todo respectando aos demáis.

 Pasacalles, probas deportivas, concertos, verbenas,..., teñen sido, un ano máis, o preludio do xa clásico "Segundo Domingo de Agosto", en que as familias, grupos de amigos e as bandas mariñeiras, xunto coas bandas que se incorporaron andado o tempo (de Salcidos, O Castro, Camposancos, Oia,...),  subirán o Monte Santa Trega para compartir un día de romaría enxebre. 

 Que todos a disfrutemos con ledicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario