O alcalde do Concello de A Guarda reclama un parque infantil seguro para a rúa Concepción Arenal
Ese
é o aspecto que ofrece a día de hoxe o parque infantil de Chán de
Conde, a carón da rúa Concepción Arenal, na vila de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, ven de facer público no día de hoxe, que “o pasado mércores 28 de agosto rematouse a instalación do parque infantil de Chan de Conde, na rúa Concepción Arenal, na Guarda”.
“Entendendo que os elementos do parque tal como están instalados, nunha superficie inclinada, poden resultar inseguros, o alcalde de A Guarda Antonio Lomba Baz, mantivo contactos co promotor da obra, a Deputación de Pontevedra, e coa empresa que está a executala, para trasladarlle a súa preocupación e insatisfacción pola inseguridade e o acabado estético do parque”, informaron desde o executivo municipal do concello guardés.
As mesmas fontes indicaron tamén que o alcalde “reclamou dos responsables da obra que tomen as medidas necesarias para certificar que o parque é seguro e cumpre coa normativa. De non ser así, instou a que fagan as actuación e correccións necesarias para que a instalación poda usarse polos máis pequenos con tódalas garantías”.
Desde este xornal dixital transfronteirizo podemos afirmar que desde o comezo das obras no entorno de Chan de Conde, e máis concretamente no recinto do parque infantil preexistente, varias persoas da veciñanza de A Guarda expresaron verbalmente seu malestar pola intervención que os operarios da empresa adxudicataria das obras da rúa Concepción Arenal, seguindo ás directrices do proxecto, estaban realizando.
O malestar, nun primeiro momento, viu motivado, segundo pudemos constatar, pola supresión do murete de pedra no peche perimetral que daba as rúas Concepción Arenal, Hernán Cortes e José María Lomba, respectivamente.
Posteriormente, cando procederon ao formigonado, deixando unha inxustificada - en opinión dos veciños - pendente, e tamén pola colocación dunha verxa metálica, onde antes estaba o referido murete de pedra.
E finalmente, como “guinda do pastel”, coa colocación do tobogán e uns trebellos máis, de xogos infantís.
Iso, dito así, de xeito resumido.
A día de hoxe, podemos afirmar tamén que grazas a oportuna intervención dalgúns veciños, que levaron súas queixas a representantes do anterior goberno municipal, a balaustrada de pedra existente na rúa Tío Binito non foi suprimida - como era, segundo afirmaron, á previsión contemprada no proxecto da obra -, como si o foi, a que estaba ubicada na fachada lateral esquerda da igrexa de San Bieito, onde foi colocada unha verxa metálica.
Por outra banda, non estaría de máis que antes de ter que lamentar algún accidente, se adoiten as medidas pertinentes para tentar evitar, na medida do humanamente posible, que os peóns, ciclistas, conductores de patins, e outros usuarios da vía pública, poidan ser víctimas de posibles atropelos.
Por outra banda, non estaría de máis que antes de ter que lamentar algún accidente, se adoiten as medidas pertinentes para tentar evitar, na medida do humanamente posible, que os peóns, ciclistas, conductores de patins, e outros usuarios da vía pública, poidan ser víctimas de posibles atropelos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario