29 de ago. de 2019

A GUARDA

Socorristas da Guarda participan nun simulacro de emerxencias

Neste exercicio participaron dous socorristas coa embarcación e o helicóptero Pesca 1, simulando o rescate dunha persoa
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda  

 Na xornada deste xoves día 29 de agosto de 2019 os socorristas, que prestan os seus servizos nesta tempada estival nas praias guardesas, tiveron a oportunidade de facer unha práctica de salvamento moi importante para a súa formación. 

 Neste caso levouse a cabo un simulacro de emerxencias contando coa participación do helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, da Xunta de Galicia.  




 Neste exercicio participaron dous socorristas coa embarcación e o helicóptero Pesca 1, simulando o rescate dunha persoa empregando un maniquí de salvamento acuático, que foi lanzado á auga e despois rescatado e izado no helicóptero.  

 Os bañistas do areal do Forte - coñecido popularmente como Praia do Muíño -, na desembocadura do Río Miño, presenciaron asombrados este simulacro, que tivo unha duración aproximada de 20 minutos.  

 Dende o Concello de A Guarda agradécese o traballo dos socorristas que prestan os seus servizos nos areais do termo municipal, así coma a participación da equipa do helicóptero Pesca1 con base en Vigo para poder realizar estes adestramentos, tan importantes para a formación dos socorristas en caso dunha emerxencia real.

Ningún comentario:

Publicar un comentario