29 de ago. de 2019

A GUARDA

Curso de “Comunicación Efectiva: Técnicas para falar en público  

Aberto prazo de inscricións


Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un curso sobre “Comunicación Efectiva: técnicas para falar en público” dirixido á mocidade de 18 a 35 anos. Esta formación  comezará o mércores 4 de setembro, na sede da Asociación Érguete Baixo Miño, e terá unha duración de 20 horas, que se impartirán todos os mércores dende o 4 ata o 25 de setembro, en horario de 16:30 a 20:30.   

 Como obxectivos do curso destacamos: 
· Mellorar habilidades de comunicación verbal e non verbal en mozos/as 
· Mellorar aptitudes de cara a unha mellor empregabilidade deste colectivo 
· Facilitar un espazo de adestramento e mellora de ditas habilidades 
· Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.  

 Este Curso, xunto con outras iniciativas, englóbase dentro do Programa E ti que prefires? Xuventude que emprende ou Xuventude que participa que a Asociación Érguete Baixo Miño leva a cabo este 2019 a través do Programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.  

Inscríbete xa!!   

Para máis información:

Asociación Érguete Baixo Miño 
Rúa Colón, 20 
A Guarda (Pontevedra)
Teléfonos: 986 614 407 / 640 086 376
Enderezo electrónico: info@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario