29 de ago. de 2019

A GUARDA

Deportes (cachiza, vela, voley-praia, carreira pedestre,...) , exposicións, festexos, gastronomía, visitas guiadas gratuitas ao Monte Santa Trega,...

Para gozar na Guarda nesta fin de semana



Infogauda / A Guarda

 Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro, A Guarda oferta numerosas actividades para a veciñanza e tamén, obviamente, para os visitantes. Exposicións, eventos deportivos, festexos  e visitas guiadas.    

VENRES 30  
Ramón González González, de Salcidos, é o autor das maquetas que se expoñen na Casa dos Alonso
Foto: Infogauda

 A Casa dos Alonso continúa acollendo a exposición «Arquitectura en Polispán», de Ramón González González, que presenta maquetas de capelas, igrexas, vivendas, e mesmo un escudo heráldico. 

 Este venres en horario de 9:00 a 14:00h e de 19:00 a 21:00h.  


 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao poboado castrexo do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.    

SÁBADO 31 
 

 O sábado día 31 de agosto ás 16:00 horas, o barrio da Gándara (Salcidos) celebra a XII edición do Torneo da Cachiza, enmarcado nas Festas das Mercedes 2019 e organizado pola Asociación O Percamino en colaboración co concello de A Guarda. 

 As inscricións teñen un custo de 10€ por parella a través dos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.  


 O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello de A Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto ás 16:00 horas, o XI Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C. 

 A regata arrancará para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba. 

 O Auditorio de San Bieito será escenario este sábado día 31 de agosto ás 20:30 horas, do IV Encontro da Canción Mariñeira, un evento musical organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda que contará coa participación dos grupos: Coiro Vello da Guarda, Orfeâo de Vila Praia de Âncora (Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.  
 
 Tamén este sábado, na Casa dos Alonso podemos visitar a exposición «Arquitectura en Polispán», con obras de Ramón González González. O horario de visita é de 19:00 a 21:00 horas.   

 Tamén este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao xacemento castrexo, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do poboado e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Como xa indicamos anteriormente, estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

 No Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz, continúa a exposición de maquetas e figuras do poliédrico (veterano cabaqueiro, escritor, maquetista,...) rosaleiro, Praxíteles González Martínez, na que se expoñen varias maquetas (Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras,...), ademais das maquetas das Catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame de París. 

 Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.  

DOMINGO 1  

 O domingo día 1 de setembro a partires das 10:00 horas, as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollerán o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de A Guarda.
  

 O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da vila acollerá a IV Festa Castrexa, un evento no que se mistura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas do pobo de A Guarda, contando con gastronomía, artesanía,... e moita animación e actividades ao longo do día.

  

 Este domingo celebrarase no barrio de Ribadavila, a Carreira Pedestre Virxe da Guía, que arrancará ás 19:00h.

 Inscricións abertas no correo asociacionfestasdaguia@gmail.com  e no mesmo día,  in situ, ata o mesmo día ás 18:30h.

 A exposición «Arquitectura en Polispán», de Ramón González González, podemos visitala tamén este domingo en horario de 19:00 a 21:00h. 

 No Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz, podemos visitar a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario