A Xunta de Galicia celebra co Casco Vello o título de Interese Turístico Nacional para a festa da Reconquista de Vigo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na celebración dando mostra da satisfacción por que se culminase así o proceso dos últimos anos
Foto: X.G.
Infogauda / Vigo
A Xunta de Galicia celebrou esta tarde coa Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo o recoñecemento da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional converténdose así na primeira da cidade en obter esta distinción. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na celebración dando mostra da satisfacción por que se culminase así o proceso dos últimos anos. Neste tempo, a Xunta amosou o seu permanente apoio asesorando aos organizadores para conseguir este título, antes de remitir en maio ao Goberno central o informe favorable, último paso para acadar esta distinción.
O Goberno galego continuará a colaborar agora con este festexo, xa que o recoñecemento obtido para a Reconquista suporá, ademais, que teñan unha achega de polo menos 25.000 euros anuais no marco dos convenios que a Xunta asina coas festas que teñen este recoñecemento. A esta cantidade poderán sumarse outros 10.000 euros opcionais a disposición dos organizadores que o soliciten. Galicia suma así 12 Festas de Interese Turístico Nacional, das que cinco están na provincia de Pontevedra.
UN ORGULLO PARA TODOS OS VIGUESES E PARA TODA GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe a súa satisfacción polo recoñecemento da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico Nacional, unha distinción que ostentan en total 12 celebracións da Comunidade. “Trátase dun orgullo para todos os vigueses e para toda Galicia”, destacou.
O titular do Executivo galego subliñou que este recoñecemento permite culminar o proceso emprendido nos últimos anos nos que a Xunta sempre mantivo un apoio “decisivo e permanente” asesorando aos organizadores na consecución deste título. De feito, o Goberno galego remitiu o pasado mes de maio ao Goberno central o informe favorable sobre esta declaración, o último paso para acadar esta distinción.
A Reconquista convértese así na primeira celebración da cidade olívica en acadar esta distinción e a quinta da provincia de Pontevedra tras a Feira do Cocido de Lalín; a Exaltación do Marisco, no Grove; as Festas Patronais de San Roque, en Vilagarcía de Arousa, e a Festa da Lamprea, en Arbo.
O titular da Xunta subliñou que este recoñecemento exemplifica como as festas galegas son “un dos maiores patrimonios turísticos” cos que conta a Comunidade e un motivo de orgullo para toda Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario