Carme Núñez reclama que se limpe a zona exterior da Alameda de San Domingos e o arranxo da fonte do Paseo Familia Álvarez Blázquez
Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui
Infogauda / Tui
“O BNG solicita que se arranxe a conducción de auga que abastece a fonte situada no parque infantil do Paseo da Família Alvarez Blázquez levando esta petición a través dun rogo ao vindeiro pleno municipal”, afirma Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui.
A fonte está sen auga
“Tal como se mostra nas fotografías, a fonte está sen auga nun local onde as crianzas e familias pasan tempos de xogos e ocio. Segundo comentan @s usuari@s do parque infantil, o desperfecto leva meses sen arranxar.
Nesta época de verán, con altas temperaturas, non ten sentido que os recursos hídricos nos parques onde xogan nenas e nenos, non sexan aproveitados corretamente”, apuntou Carme Núñez.
A maleza invade tamén a zona exterior da Alameda
“Por
outra parte, a maleza invade tamén a zona exterior da Alameda, a que dá
contra o río, como mostran as fotografías que adxuntamos. Animamos aos responsábeis municipais a dar un paseo pola
zona e comprobar eles mesmos, directamente, canto se pode mellorar, sen
dúbida, a limpeza e adecentamento desta parte da nosa contorna”, sinalou a portavoz nacionalista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario