Corenta nenas e nenos participan no Campus de Skate nas pistas municipais do Campo da Feira
Tres monitores dividen o grupo en distintos niveis co obxectivo de ensinar a "surfear o asfalto" dun xeito lúdico e totalmente práctico
Corenta nenas e nenos de entre 5 e 18 anos participan desta novidosa actividade nas pistas municipais do Campo da Feira
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
Comezou onte o Campus de Skate. Corenta nenas e nenos de entre 5 e 18 anos participan desta novidosa actividade nas pistas municipais do Campo da Feira. Até o 31 de xullo.
Tres monitores dividen o grupo en distintos niveis co obxectivo de ensinar a “surfear o asfalto”, utilizando o parque de skate municipal dun xeito lúdico e totalmente práctico. A través desta actividade, os/as participantes aprenden trucos básicos para principiantes e tamén a mellorar e depurar técnicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario