FESTIVAL VAIDESON, 2019
Os días 20 e 21 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza do Seixo
Entrada de balde
Ricardo Rodríguez Vicente / Tomiño
Organizado pola Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio, de Tomiño, a Praza do Seixo acollerá os días 20 e 21 de xullo, unha nova edición do Festival Vaideson.
O evento - que conta coa colaboración do Concello de Tomiño e da Deputación de Pontevedra - comezará o sábado día 20, ás 21:00 horas, coa actuación da Treboada Virxe do Alivio e continuará ás 22:30 h., co Festival Folclórico, no que participarán:
· Coros y Danzas La Encina, de Olivenza (Badajoz)
· Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio, de Tomiño
E ás 24:00 horas, actuará Paraíso Canto.
O domingo día 21 de xullo, ás 21:00 horas, actuará Bate no Minho.
Ás 22:00 horas, actuará Sheila Patricia e ás 23:00 horas, faráo Sondarúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario