O ROSAL CELEBRARÁ A III FEIRA DO MIRABEL
O vindeiro domingo día 5 de agosto, durante todo o día, no Mercado de San Miguel
Infogauda / San Miguel de Tabagón /O Rosal)
O Concello do Rosal organiza a III Feira do Mirabel, que terá lugar no Mercado de San Miguel o vindeiro 4 de agosto durante todo o día.
O programa comezará ás 9:30 horas, coa Andaina “San Miguel-As Aceñas” con saída do Mercado de San Miguel. Os asistentes poderán facer un percorrido que inclúe visita a fincas de mirabeis e degustación da froita na Escola de Hostelería “O Rolete”. Finalizará no punto de inicio onde se sortearán uns lotes de mirabeis e menús para degustar na feira entre as persoas participantes. Para participar na andaina é preciso inscribirse nas oficinas do Concello. Prezo: 5€. Dificultade baixa.
Ás 12:00 h dará inicio a presentación e apertura da III Feira do Mirabel.
Entrega dos premios aos concursantes gañadores do Concurso fotográfico “O mirabel do Rosal” e degustación de mirabeis e produtos derivados da froita. Todo acompañado de música tradicional galega coa actuación do grupo de pandereteiras Tremelique.
Ás 13:00 h. Mostra de elaboración de cócteles con produtos de mirabel.
Ás 14:00 h. xantar no entorno da feira cun menú popular de 16 euros elaborado por O Rolete: Empanada, codillo con guarnición, postre de mirabel, bebida e café. Venta de vales para as comidas, no estanco O Rosal e no Rolete. Con cada menú entregarase un número para un sorteo de produtos ao final da feira. Pola tarde, despois da comida, seguirá a festa co sorteo de produtos.
Ás 17:00 h. será o III Concurso de Biscoito de Mirabel, e ás 18:30 dará comenzo o Concurso de miss e míster mirabel con diferentes categorías infantil, xuvenil e adulto.
Ás 21.30 h. actuará con música en directo con Alberto cunha dentro dun programa que inclúe gastronomía, cultura, música e animación durante todo o día.
Desde as 10:00 ata as 22:00 horas, haberá servizo de cafetería e bar, degustación de mirabeis e poderase coñecer de primeira man os produtos elaborados coa froita xa que estarán expostos no propio mercado os postos de exhibición e venda de produtos.
Así mesmo as fotografías participantes no concurso fotográfico exporanse no interior do Mercado e durante todo o día haberá animación para os máis pequenos.
Ainda hai tempo para anotarse tanto á andaina, como no concurso de biscoitos e nos certames de miss e míster mirabel.
As bases e inscricións para participar en todos os eventos poderán consultarse e realizaranse no comercio local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario