30 de xul. de 2019

O ROSAL

#AVeciñanzaConta 

REUNIÓN COA DIRECTIVA DO CLUBE CICLISTA O ROSAL 


A alcaldesa Ánxela Fernández Callís coa xunta directiva do Clube Civclista O Rosal 
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O executivo municipal do Concello do Rosal, presidido pola alcaldesa Ánxela Fernández Callís fixo público que "dentro do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha nova reunión, nesta ocasión coa directiva do Clube Ciclista do Rosal. 

 Clube implicado desde hai anos no ámbito deportivo do noso Concello. Nesta reunión falouse do futuro da asociación, dos próximos orzamentos municipais e nos vindeiros proxectos nos que están inmersos. 

 Son moitos os nenos e nenas que forman parte dos equipos base, inculcando desde pequenos o esforzo, a paixón e o traballo en equipo. Desde este gran clube saíron grandes profesionais do ciclismo e espéranlle moitos máis éxitos nos vindeiros anos. 

 Escoitar, colaborar e traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo que fan as asociacións do noso pobo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario