30 de xul. de 2019

O ROSAL

O CONCELLO CUALIFICA DE GRANDE ÉXITO AS FESTAS DO PILAR 2019

Na Praza do Calvario, The Buttshakers ofreceron un grandioso concerto de música soul

A concelleira Sabela Rodríguez Jardón con tres participantes premiados no II Torneo de Xadrez Festas do Pilar
 Xóvenes bailando hip hop no Campo Municipal de Fútbol da Mata
Fotos: C.O.R.  

Infogauda / O Rosal
 O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís fixo pública á seguinte valoración:
 "Acabaron as Festas do Pilar 2019 cun grande éxito. Desde o martes 23 que comenzou a festa infantil da escuma, na que desfrutaron moitos nenos e nenas, ata o último día o pasado domingo co espectáculo de baile e demostración de artes marciais no Campo Municipal da Mata, pasaron polo Rosal moitos grupos musicais, tradicionais e modernos, espectáculos de animación e deporte. Unha programación completa para todas as idades! 
 Recordade que esta fin de semana seguimos con festas, nesta ocasión coa III Feira do Mirabel no Mercado de San Miguel, esperámosvos!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario