31 de xul. de 2019

O ROSAL

Coa súa obra “Intrínseco”

MARTA LOMBA RODRÍGUEZ, LOGRA O 1º PREMIO DO CONCURSO FOTOGRÁFICO MIRABEL DO ROSAL

“Intrínseco”  
Marta Lomba Rodríguez

Infogauda / O Rosal

 Reunido o xurado do Concurso Fotográfico do Mirabel do Rosal, composto por Sara Rodríguez González, Luis Dorado Senra e Alberte Alonso Pereira, todos rosaleiros e vencellados ao mundo da fotografía, decidiron o traballo gañador e os 3 accésit para as tres mellores fotografías seguintes ao premio. 

Sara Rodríguez González, Luis Dorado Senra e Alberte Alonso Pereira no decurso do seu labor como membros do xurado do Concurso de Fotografía do Mirabel do Rosal
Foto: C.O.R.

 As fotografías, inéditas todas elas, foran entregadas baixo seudónimo nun sobre pechado para salvagardar a identidade da persoa que presentaba a obra. Deste xeito a imparcialidade dos membros do xurado estaba garantizada.  

 O 1º premio consiste nun vale de 100 euros para gastar no comercio local do Rosal. E para as 3 mellores fotografías seguintes ao primeiro premio, 3 lotes de produtos de mirabel. 

 Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición na III Feira do Mirabel, que estará aberta ao público o propio día da feira no Mercado de San Miguel.  

1º premio para a obra “Intrínseco”, de Marta Lomba Rodríguez.
Accésit para a obra “De flores”, de Sara Carrera Coimbra. Accésit para a obra “Naturaleza viva”, de Mercedes Vaquero Enes.
Accésit para a obra “Mira belo ceo”, de Carlos Castro Lomba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario