22 de xul. de 2019

O ROSAL

Nova xunta directiva da Agrupación Musical do Rosal

Agrupación Musical do Rosal

 No día de onte celebrouse no Centro Social Polivante do Rosal a Asemblea Extraordinaria da Agrupación Musical do Rosal co obxecto de proceder a elección dunha nova xunta directiva. 

 Na primeira parte da asemblea o presidente saínte Iván Diego Martínez, agradeceu publicamente a todos os directivos que formaron parte da xunta directiva nos últimos 7 anos do seu mandato e que traballaron para que a asociación seguise adiante. 

 A continuación o cabeza de lista da única candidatura presentada sinalou os puntos que centrarían o seu proxecto de continuidade da asociación. 

 Despois de conformar a constitución da mesa electoral procedeuse a votación da única candidatura presentada, resultando apoiada maioritariamente polo 90,69 % dos asistentes. 

 Durante os vindeiros catro anos estarán ao fronte da asociación esta nova xunta directiva composta por 10 persoas, algunhas son caras novas e outras xa contan con experiencia na traxectoria da agrupación desempeñando cargos en anteriores etapas. 

Presidente: Andrés García Jiménez 
Vicepresidenta: Generosa Pérez Pérez 
Secretaria: Yolanda Freitas González 
Tesoreiro: Pablo Alonso Martínez 
Vogais: Jesús González Álvarez, Juan Manuel Cabezón González, Francisco Flores Senra, Rafael Vicente Fernández, Juan José Riveiro Vicente e José Alonso Martínez

Ningún comentario:

Publicar un comentario