22 de xul. de 2019

A GUARDA

Con folclore tradicional de Austria, Polonia e Galicia

Chega a nosa vila o XXVI Encontro dos Pobos

O sábado 27 de xullo, ás 22:00 horas, na carpa do porto



Infogauda / A Guarda

 O festival folclórico internacional mais veterano da comarca do Baixo Miño chega un ano mais, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo no Rosal o xoves 25 de xullo, en Tomiño o venres 26 de xullo, na Guarda o sábado 27 de xullo e en Oia o domingo 28 de xullo. 

 O Encontro dos Pobos, que naceu cunha finalidade de intercambio cultural, achegará á nosa comarca, aparte de grupos locais, un grupo procedente de Polonia e outro grupo de Austria. 
  

 Poligrodzianie Folk Dance Emsemble

 Procedentes de Poznan (Polonia) contarase co grupo Poligrodzianie Folk Dance Emsembleque devolve o intercambio ao grupo guardés Do Lusco ó Fusco, que estivo na súa cidade o pasado ano no mes de agosto.  

 Con 40 anos de historia, Poligrodzianie é a entidade folclórica máis antiga do entorno académico de Poznan, e pertence á Universidade Politécnica. Considerado como un dos grandes embaixadores da cultura polaca, teñen percorrido millóns de quilómetros nas máis de 100 xiras que teñen realizado percorrendo todo o mundo. Malta, Malasia, Corea do Sur, China, Irlanda, México, Italia, USA, Suecia, Canadá, Croacia e un longo etc.   
 

Steirischer Schwung

 Por outra banda, contarase co grupo austríaco, Steirischer Schwung, que veñen dende Stiwoll, unha localidade ao sur de Austria. 

 Nas súas actuacións realizan bailes de todo o país, entre eles o Schuhplattler, un estilo de baile tradicional popular na rexión dos Alpes orientais, bailado só polos homes que acompañan á melodía, dando uns golpes coas palmas das máns nos muslos e nos zapatos. 

 Teñen participado en festivais en Alemaña, Dinamarca, Francia, Suecia, Croacia, etc. 

 Coa súa visita a nosa comarca, comeza o intercambio que o grupo Do Lusco ó Fusco vai a  realizar, acollendo esta semana na nosa comarca e voltando o vindeiro ano no mes de agosto. 

 No concerto do sábado na nosa vila, que terá lugar ás 22:00h na carpa da Festa do Peixe Espada no porto pesqueiro, contarase coas actuacións de Xamaraina, Vento Mareiro, Do Lusco ó Fusco, Steirischer Schwung e Poligrodzianie Folk Dance Emsemble .

Ningún comentario:

Publicar un comentario