19 de xul. de 2019

O ROSAL

#AVeciñanzaConta 

REUNIÓN COAS PROFESIONAIS “ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL”
                                            
Á alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís coas profesionais da Escola Infantil  “A Galiña Azul”
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal


 Dentro da iniciativa #AVeciñanzaConta impulsada polo executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís,  o grupo de goberno fixo público que  hoxe tivo lugar unha reunión coas profesionais da “Escola Infantil Galiña Azul”. 

 Esta reunión é importante para afrontar as melloras no mantemento da Escola de cara ó comezo do próximo curso e para planificar o vindeiro orzamento. 

 Nesta xuntanza falouse da relevancia do traballo que fan no ámbito educativo. Nun eido cunha franxa de idade fundamental no desenvolvemento dos nenos e nenas que queremos aproveitar para poñer en valor e visibilizar. 

 Seguimos escoitando e compartindo ideas co obxectivo de poder conformar pouco a pouco unha rede de colaboración na que traballemos conxuntamente co obxectivo de mellorar a nosa realidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario