III FESTIVAL XENTE XIDA
O 24 de xullo, na Praza do Calvario
Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal
Organizado polo Trebón dos Xidos, o vindeiro mércores día 24 de xullo, desde ás 20:30 horas, na Praza do Calvario, terá lugar o III Festival Xente Xida.
No evento - con entrada de balde -, que conta coa colaboración do Concello do Rosal e da Deputación de Pontevedra, participarán:
· Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
· Zurrumalla
· Nadia Vázquez Trío
Ademáis dese potente cartel que vai facer do III Festival Xente Xida todo un pórtico de música folk de noso, en vivo e en rigoroso directo; haberá porco ó espeto, cantina, sorteos, os sons miñotos da percusión e gaitas do Trebón dos Xidos e moitas gratas sorpresas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario