17 de xul. de 2019

O ROSAL

VIVE O BAIXO MIÑO, VIVE O SOUL

THE BUTTSHAKKERS

· Sábado 27 de xullo, ás 22:30 horas, na Praza do Calvario

· Este concerto, definido como benéfico, a favor de SOS Tomiño e a Asociación Conrazones, está organizado polo Concello do Rosal e Riverbucks Asociación Cultural
 


Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 Precedidas de dous concertos en Italia - Accadia Blues Festival e Teanich/Performing at fara Music, en Accadia e Catania, respectivamente; un no Théâtre de Verdure, en Robio (Francia), e outro no Motorbeach Festival, en Xixón (Asturies); The Buttshakers visitará Galicia, e máis concretamente o concello do Rosal, na provincia de Pontevedra, para protagonizar, musicalmente falando, a primeira edición do "Vive o Baixo Miño - Vive o Soul". 

 O evento organizado polo Concello do Rosal e Riverbucks Asociación Cultural, terá como escenario a Praza do Calvario e con entrada de balde. Polo tanto temos todo a favor para disfrutar coa banda de Lyon/Saint Louis, nada a finais de 2007, e ao mesmo tempo ser solidarios.

 Haberá recollida de alimentos non perecedoiros para súa entrega as asociacións SOS Tomiño e Conrazones.
 
  The Buttshakers
 
 Liderada pola carismática Ciara Thompson, esta banda francesa non deixará a ninguén indiferente coa súa enerxía e paixón sobre o escenario, a base de Rhythm and Blues, Soul e tamén unhas pingas de toleado Garaje. 

 Soarán para todos nós The City, What You Say, Weak EndsMovin On, Taxman, ... e moitos dos temas incluídos no álbum "Sweet Rewards" (2018), e tamén nos seus traballos precedentes - Nigth Shift (2016), Soul Kitchen (2015) ou Wicked Woman (2013) - que nos convidan ao baile frénetico intentando seguir o ritmo marcado por unha das mellores bandas de este xénero creadas en Europa. Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley, James Brown, Tina Turner, Bellrays,... e infinidade de bandas poderían ser referencia do grupo.

1 comentario: