10 de xul. de 2019

O ROSAL

EXPOSICIÓN DE ESCULTURA E PINTURA

Do colectivo Somosarte

Os días 12, 13 e 14 de xullo, na Liga de Amigos do Rosal

 Xuxo Malone / O Rosal


 Nesta feira do viño, ademáis de saborear os magníficos viños de O Rosal, tamén se poderá visitar na Liga de Amigos, a exposición do grupo colectivo Somosarte. 

 Un espazo onde os artistas guiarán aos visitantes a explorar texturas, admirar cores e interpretar as diferentes formas, tanto de pintura como de escultura. 
 
 "Creamos con paixón, mostramos con ilusión".  Ese é o lema do colectivo Somosarte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario