A maioría dos novos contratos do segundo trimestre de 2019 foron temporais e asinados por homes
A ocupación medra menos con respecto a períodos anteriores e aumenta a diferenza entre as taxas de paro masculina e feminina
A maioría do emprego creado foi entre os homes (74,2%), o que provoca que volva medrar a diferenza entre as taxas de paro masculina e feminina
Foto: CIG
Infogauda / Galicia
Foto: CIG
Infogauda / Galicia
O segundo trimestre do ano rematou en Galiza con 18.600 persoas
ocupadas máis que no trimestre anterior e con 13.500 paradas menos.
Trátase do peor dato de ocupación dos últimos anos, xa que esta medrara
en 25.700 no mesmo período de 2018. Ademais, a maior parte dos novos
contratos tiveron carácter temporal, superando o 90%, e foron asinados
por homes (74,2%), o que fai aumentar de novo a diferenza entre as taxas
de paro masculina e feminina.
Atopámonos
diante dunha tendencia positiva propia deste período ao incluír parte
das contratacións da época estival. As características do emprego creado
tamén marcan unha tendencia continuísta, xa que os postos de traballo
foron maioritariamente por conta allea, é dicir, asalariadas/os no 60%
dos casos, e de carácter temporal (91% das novas persoas asalariadas).
O
medre da ocupación afectou en maior medida ao sector servizos (7100
ocupados/as máis) e á industria, con 5.800 novas contratacións; aínda
que todos os sectores rexistraron unha evolución positiva.
EPA II trimestre. Principais variábeis.
Total
|
Evolución | ||||||
Total
|
Trimestral | Anual | |||||
2018/II
|
2019/I
|
2019/II
|
Absoluta
|
%
|
Absoluta
|
%
|
|
| Total |
2.333,50
|
2.333,90
|
2.334,30
|
0,40
|
0,02
|
0,80
|
0,03
|
| Activos |
1.250,80
|
1.234,20
|
1.239,10
|
4,90
|
0,40
|
-11,70
|
-0,94
|
| Poboación ocupada |
1.075,80
|
1.080,20
|
1.098,80
|
18,60
|
1,72
|
23,00
|
2,14
|
| Poboación parada |
175
|
153,9
|
140,4
|
-13,50
|
-8,77
|
-34,60
|
-19,77
|
| Inactivos |
1.082,70
|
1.099,70
|
1.095,20
|
-4,50
|
-0,41
|
12,50
|
1,15
|
Fonte: INE. EPA. Valores absolutos en miles.
No
que atinxe ao sexo, a maioría do emprego creado foi entre os homes
(74,2%), o que provoca que volva medrar a diferenza entre as taxas de
paro masculina e feminina. Nas etapas de destrución de emprego as taxas
equiparáronse, chegando incluso a masculina a superar a feminina, pero
cando o emprego se recupera minimamente volven aumentar as diferenzas, o
que para a CIG amosa o papel secundario que as mulleres continúan a ter
no mercado laboral. A taxa de paro situouse neste período no 11,3%: a
dos homes baixou até o 10,7% e a das mulleres continúa no 12%.
O
medre da ocupación tamén mellorou a situación dalgúns fogares que
contaban con todos os seus membros no paro. Con todo, rexístrase un
número moi elevado de fogares (52.200) con algún membro activo no que
todos están parados (trimestre anterior eran 55.000).
En
resumo, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo
trimestre de 2019 amosan a continuidade da tendencia xa coñecida: medre
da ocupación de carácter estacional e polo tanto temporal. Ao mesmo
tempo, reflicten que o incremento do SMI non provocou un aumento da
destrución de emprego, polo que dende a CIG consideran necesario afondar
neste sentido e apostan pola derrogación das reformas laborais que
están detrás da crecente precarización do emprego. Políticas propias
O
secretario confederal de Emprego e Industria, Fran Cartelle, fai
fincapé no feito de que os datos deixan ver a menor baixada do
desemprego no segundo trimestre dos últimos anos, así como que esta se
centre principalmente no sector servizos. Sinala tamén que dous terzos
dos empregos creados compensáronse con esa cantidade de empregos
destruídos, o que dá idea da enorme rotación no mercado de traballo.
“Nunha
xornada como a de hoxe, día posterior ao da Patria Galega, á vista da
situación de deterioro da calidade do emprego e da desertización
industrial do país non podemos facer outra cousa que reclamar con máis
forza a necesidade de que Galiza posúa competencias plenas que nos
permitan desenvolver políticas industriais que aproveiten a enorme
potencialidade dos nosos sectores produtivos e políticas económicas e
laborais que sirvan para distribuír a riqueza e para mellorar as
condicións de vida da clase traballadora galega”.
Para
Cartelle, a soberanía é a ferramenta que nos permitiría rematar con
esta realidade laboral na que a precariedade e a inxustiza social
avanzan da man de gobernos que actúan ao ditado dos intereses da elite
económica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario