4 de xul. de 2019

DEPORTES

O Concello de A Guarda apraza a Travesía a Nado


Saída dos participantes nunha edición precedente
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público unha nota na que indica que "a Concellería de Deportes do Concello da Guarda decidiu aprazar a celebración da Travesía a Nado do Porto da Guarda, que todos os anos coincide coa celebración da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, debido a que este ano se celebra unha proba similar nun concello limítrofe, ademais de que tamén se celebra esta fin de semana o Campionato Galego de Balonmán Praia.  

 Para evitar duplicidades e tentar que todos os deportistas podan participar, a Concellería de Deportes está xa traballando nunha nova data, que será anunciada convenientemente".

Ningún comentario:

Publicar un comentario