3 de xul. de 2019

DEPORTES

A Guarda será sede do Campionato Galego de Balonmán Praia

Na fin de semana do 5 ao 7 de xullo



 Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, ven de facer público que na fin de semana do 5 ao 7 de xullo A Guarda será sede do Campionato Galego de Balonmán Praia, un evento deportivo organizado pola Federación Galega de Balonmán e que chega á nosa localidade tras pasar polos concellos de Baiona, O Grove e Bueu.  

 O evento na Guarda, cuarta proba das seis que compoñen este campionato, terá lugar nas pistas deportivas do Codesal, en Camposancos, onde os máis de 1.000 deportistas participantes en 80 equipos loitarán para acadar o triunfo neste campionato que continúa na segunda e terceira fn de semana de xullo, nos concellos de Moaña e de Vigo.  

 A competición comprende ás seguintes categorías: alevín mixto, infantil feminino, infantil masculino, cadete feminino, cadete masculino e sénior feminino e masculino.

 O balonmán praia é un deporte en auxe e cada vez participa un maior número de deportistas nestas probas, contando con varios éxitos deportivos a nivel internacional.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario